O TEU SALÓN DE BELEZA


“As tendencias desaparecen, o estilo é eterno.” (Yves Saint Laurent)

En REYBLANC somos un grupo de profesionais e docentes apaxioad@s polo mundo da estética e a perruquería. Estamos na rúa Angustia número 2, no barrio de Concheiros, en Santiago de Compostela.

No noso Centro atoparás os mellores servizos de estética e perruquería AO MELLOR PREZO de mercado. As últimas tendencias no ámbito da beleza e o bienestar e coa maior calidade de servizo.

E isto como e por que? Pois porque en REYBLANC somos Salón de Beleza e tamén Centro de Formación. A nosa empresa constitúe unha das Academias de Perruquería e Estética de Galicia con maior traxectoria e ademáis levamos máis de 15 anos formando a profesionais do sector. Somos o único centro de formación privado homologado pola Xunta de Galicia para impartir Ciclos de Formación Profesional da familia da Imaxe Persoal e ao longo de todo o año convocamos numerosos cursos complementarios para todos os públicos.

Por todo iso, o noso valor engandido para ti é dobre: ofrecémosche os mellores tratamentos estéticos e de perruquería e che enseñamos a como sacarte o mellor partido para lucir radiante.

Bota un ollo aos nosos servizos e prezos competitivos e non deixes de estar ao día das nosas últimas novidades, cursos e promocións coas que premiamos a túa fidelidade. 

CONSULTA A NOSA LISTA DE PREZOS AQUÍ.