TÍTULOS OFICIAIS. O noso Centro está homologado por la Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria (D.O.G 208/26/00/01- Nº de Centro 15032522) para impartir dous ciclos de grao superior e outros dous de grao medio da familia profesional da Imaxe Persoal.

 

Ciclos Grao Superior:

Estilismo e Dirección de Peiteado. SIMP02
Asesoría en Imaxe Persoal. S12001

Ciclos Grao Medio:

Estética e Beleza. MIMP01
Peiteado e Cosmética Capilar. MIMP02

Somos o único centro privado autorizado en Santiago de Compostela para impartir estes títulos oficiais e o facemos da man dun equipo docente altamente cualificado e con dilatada experiencia profesional no sector.

Descargar dossier Ciclos- castelán

Descargar dossier Ciclos- galego

 


PRÁCTICAS EN EMPRESAS. Para a realización de prácticas formativas por parte do noso alumnado, mantemos convenios de colaboración con numerosas empresas do ámbito da perruquería, a estética, o benestar e a imaxe persoal.

ASESORAMIENTO Y AYUDAS. 

Santiago de Compostela, é, sen dúbida, a capital cultural de Galicia e a cidade estudiantil por antonomasia. No Centro asesoramos a cada alumno sobre as opcións da cidade para residir nela mentres realiza os seus estudos e sobre a oferta cultural da mesma, acompañando aos nosos estudantes a diversos eventos como a Galicia Fashion Week ou feiras sectoriais. Asemade, xestionamos as becas estatais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para que o alumnado se beneficie destas axudas para cursar estudos de formación profesional. Ademais, poñemos a disposición dos nosos alumnos axudas especiais para familias numerosas.

“Tríunfase co que se aprende”. (Coco Chanel)